O Centro Cultural Deputación Ourense atópase nun noble edificio construido a finais do século XIX e que foi recuperado pola institución provincial, en colaboración coa Xunta de Galicia para adicalo integramente a actividades culturais e artísticas.
Con preto de 4.000 metros cadrados de superficie, o que no seu día fora un almacén textil- propiedade da familia Simeón García- e vivendas, é hoxe un moderno centro con salas de exposicións, salón de conferencias, aulas para formación, un museo de trens en miniatura, etc.
A sobriedade da súa arquitectura, cunha magnífica canteiría de pedra e unha carpinteiría en madeira emblemática, encaixan perfectamente cunha recuperación que respetou escrupulosamente o seu carácter señorial para convertelo nun referente dentro da provincia de Ourense.