la ventana
del arte
     
  Museo Provincial de Lugo
  Museo Provincial de Lugo
Plaza da Soedade, s/n
27001 Lugo 
Telf.: 982 242 112 / 982 240 240

Co fin de reunir e protexer os bens do patrimonio cultural lucense, en 1932, a Deputación de Lugo acorda crear o Museo Provincial de Lugo, vontade que se materializa dous anos máis tarde coa apertura no Pazo de San Marcos (baixo a dirección de D. Luis López Martí) de varias salas con materiais arqueolóxicos, históricos, artísticos, etc. ata daquela dispersos en coleccións particulares.

O continuo incremento de fondos e as limitacións de espazo obrigaron, en 1957, a trasladar o museo ao antigo convento de San Francisco. Conservando tres dependencias deste vello cenobio (cociña, claustro e refectorio), o arquitecto vigués D. Manuel Gómez Román (1875-1964) deseña un novo edificio con aires de pazo galego. O 1 de marzo de 1962 o Museo Provincial de Lugo foi declarado Ben de Interese Cultural.

En 1997 o museo foi ampliado, segundo un proxecto do arquitecto González Trigo.

     
 
Museo Lázaro Galdiano