la ventana
del arte
     
  Salinae. Centro Arqueolóxico do Areal
  Salinae. Centro Arqueolóxico do Areal
Rosalía de Castro, 21-23
36201 Vigo (Pontevedra)
Telf.: 986 247 691

Propoñémosvos realizar un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano.

Un xacemento que, polo seu excelente estado de conservación, permite entender o funcionamento dunha instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.

A exposición ofrece, ademais, a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.

     
 
Museo San Telmo