la ventana
del arte
   
 
Aurora Gómez
Aurora Gómez
Os paraísos perdidos
Exposición
Hasta el 31 de octubre
 
  Auditorio Municipal de Ourense
Rúa da Canle, s/n
32004 Ourense 
web: www.ourensecultura.com

'Os paraísos perdidos', da artista Aurora Gómez,  unha compilación de 22 lenzos que destacan pola súa delicadeza cromática e que presentan escenas cheas de lirismo froito da súa imaxinación máis creativa. A concelleira de Cultura animou a todos os ourensáns a pasear polo Auditorio para mergullarse de cheo no universo da artista.

“A sensibilidade e o sentir da arte aparecen en cadaquén de xeito diferentes e amosando unhas naturezas de cores moi diferentes”, sinalaba Eva Torres, directora de Espazos Expositivos do Concello de Ourense. Dende a súa delicadeza cromática achégase a una pintura naturista de tons suaves e medio formato, amosándonos escenas a medio camiño entre o expresionismo pictórico e un naïf comprometido. A frescura e o lirismo dos lenzos de Aurora remítennos á Francia de finais do século XIX, da man do artista Henri Rosseeau, unha forma de presentarlle ao público a súa realidade máis subxectiva a través da natureza e das composicións pictóricas.

A mostra poderá visitarse no Auditorio Municipal de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.

 
 
 
 
Museo Lázaro Galdiano