Encadrada dentro do Outono Fotográfico, é unha exposición colectiva de 32 fotografías de 16 fotógrafos. Todos membros de FotoSintese.
Tentan recuperar as olladas que os vellos fotógrafos reflectiron nas súas imaxes de diferentes lugares, espazos ou paisaxes da nosa cidade e provincia. Trataríase de reproducir co mesmo encadre e perspectiva a situación actual. Cada nova foto vai acompañada dun cartel onde se reproduce a foto antiga e os datos da zona e biografía do anterior fotógrafo. Deste xeito os visitantes poderán ver a evolución deses lugares e comparar e avaliar os cambios.
Vestíbulo Superior