Ene A. Natureza Asimétrica é o título da exposición de Patricia Fernández Paz, a terceira xa na cidade de Ourense. É unha colección de 20 pezas de diferente formato nas que se mestura a obra pictórica coa esculto-pictórica, e na que pretende amosar as sombras dunha realidade moderna e deshumanizada.
As súas pinturas, afirma a artista, son fiestras abertas a unha arquitectura urbana, con ápices futuristas e paisaxes estáticas, silandeiras. “Son perspectivas arriscadas, inspiradas en cómics, empastando con espátula, un elemento cortante e brusco que me axuda a desatar a miña imaxinación”, di a chantadina afincada en Ourense “Trato de amosar arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada e chea de incerteza”
Exposición que amosa arquitecturas descarnadas, apocalípticas, luces e sombras dunha realidade posmoderna, deshumanizada, chea de incerteza. O Pazo de Tor ofrece un marco incomparable, anacrónico, onde o tempo se detivo nun eterno letargo que borrou os límites entre a vida e a memoria. As arquitecturas asimétricas desta mostra conseguen abrir aquí un novo portal visual no espazo – tempo da súa historia.
Precio: Gratis