Horario: martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30
Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo / Koldo Mitxelena Kulturunea
Comisariado: Iñaki Martínez Antelo
Desprazamento é unha intervención específica na planta baixa do MARCO que xenera un duplicado das paredes das salas, dando lugar a uns novos muros de medio metro de altura que nos permiten repensar o lugar, ofrecendo perspectivas, itinerarios e circulacións non habituais.
Desprazamento dá título ademais á exposición de Maider López (San Sebastián, 1975) que revisa o seu traballo dos dez últimos anos, no que accións cotiás e realidades comúns son cuestionadas. O espazo urbano e a paisaxe natural dislócanse mediante estratexias que alteran hábitos e relacións, xerando novos espazos ou situacións, novas regras do xogo, convidándonos a repensar a nosa contorna.
Desprazar é “mover ou sacar a alguén ou algo do lugar no que está”, definición que nos dá as claves necesarias para enfrontarnos a estes traballos. Non só porque a artista utiliza o desprazamento como recurso para crear situacións de estrañamento, senón pola súa vontade de xerar un novo lugar mental no que confrontar as nosas ideas preestablecidas.
Coa colaboración de Justo Román.