O Museo Municipal da cidade foi testemuña esta mañá da presentación da exposición Soños sobre lenzo, da artista Ángeles Jorreto. En total suman arredor de 50 obras que se reparten nas salas I e II deste espazo expositivo e poderanse visitar ata o vindeiro 31 de agosto.
A artista estivo acompañada pola concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, e pola Directora de Espazos Expositivos, Eva Torres. Ambas louvaron o gran traballo desta ourensá afincada en Vigo. Comprometida autodidacta, utiliza unha técnica mixta combinando diferentes texturas e materiais, e son predominantes os rostros femininos.
Parte da súa obra, permanece nos fondos municipais gracias a unha doazón que realizou fai catro anos. Madurez mesturada con contemporaneidade artística ofrecen un compendio que mostra a exposición que no Museo de todos os ourensáns gozaremos no período estival deste ano 2014.