la ventana
del arte
   
 
Ángeles Sioli
Ángeles Sioli
En voz alta
Exposición
Hasta el 8 de septiembre
 
  Museo Municipal de Ourense
Rúa Lepanto, 8
32005 Ourense 
web: www.ourensecultura.com/

"En voz alta" é un proxecto que presenta Angeles Sioli. Unha colección de 20 obras utilizando distintas técnicas, vídeo- performance, debuxo, pintura, escultura e bordado.  

O proxecto comeza dicindo NON, en voz alta. Un rexeitamento radical á desigualdade entre humanos. Negación sostida no tempo, escrita coa delicadeza duns pétalos, cunha palabra necesaria e sen equívocos: NON. Un desexo de igualdade que parte dun Universo Real, que viaxa por unha utopía positiva para recrear un Universo Ucrónico, o dunha realidade na que a igualdade existise. Ángeles Sioli leva anos expoñendo cunha actitude investigadora en temas, técnicas e materiais. Este, o seu último proxecto -En voz alta- preséntase en colaboración coa ourensá Fundación Cum Laude.
 

 

O horario do Museo Municipal é: de martes a sábados, de 11:00 a 13:30 horas e de 18:30 a 21:30 horas. Os domingos, de  11:00 a 13:30 horas. Luns, pechado.

 
 
 
 
Museo Lázaro Galdiano