Exposición "Renacer" de Eva Díez (Premio Galicia de Fotografía Contemporánea)
Sala I
O Museo Municipal acolleu a presentación da primeira quenda de exposicións que teñen lugar dentro da programación do Outono Fofográfico, o festival galego de fotografía.
Esta é a trixésimo cuarta edición do Outono Fotográfico, que reaparece ata o Nadal para facer visible a fotografía. Este festival estará presente en 70 espazos expositivos de toda a xeografía galega, repartidos en 25 localidades, 4 delas en Portugal.