A Cultura celebra a chegada da primavera a Ourense, e con ela dúas novas exposicións no Museo Municipal.
Na Sala 2, outra ourensá, malia ser chantadina de berce: Mercedes Paz, artista autodidacta que nos presenta nunha exposición co mesmo nome medio cento de pezas entre as que podemos atopar pintura, escultura e debuxo, nunha infinita conversa cos materiais, do metal á madeira, pasando polo marfilpero sen perder en ningún momento a forma e a expresión da simboloxía abstracta.
De martes a sábados: 11 h a 13:30 h e de 18:30 h a 21:30 h. Domingos de 11 h a 13.30 h.
De balde.