A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá desde mañá ata o vindeiro 30 de abril, na sala II de exposicións da Sede Afundación de Vigo (rúa Velázquez Moreno, 18), unha mostra colectiva dos artistas José María Lugilde e as irmás Conchita e Luisa Paz Montenegro. «Artistas Kalimándricos» estará composta por 26 obras de variada temática e de carácter divulgativo.
A exposición poderá visitarse de luns a sábado de 17.30 a 20.30 h. Os domingos e festivos permanecerá pechada ao público.