A Bienal de Cerveira (Vilanova de Cerveira, Portugal) é a máis antiga da península ibérica.
Este ano chega á súa XIX edición e no centro cultural Marcos Valcárcel acolleremos unha selección dos seus fondos. "Do pincel ao rato" é unha invitación a percorrer os últimos 40 anos de arte contemporánea no país veciño, co que hoxe nos sentimos especialmente solidarios.