O escultor Jorge Varela expón a súa obra no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense coa mostra “59 citas para unha escultura ausente”, creada especificamente para este espazo.
En “59 citas para unha escultura ausente” Jorge Varela dispón en lousas rectangulares de mármore rosa portugués con gravacións de referencias textuais en torno ao tema da escultura. A maioría contén no seu título a palabra “escultura”, en cada unha delas no idioma orixinario da cita.
Jorge Varela (Allariz, 1971) é artista visual e investigador. Licenciado en Historia pola Universidade de Vigo e Especialista universitario en Arte e Críticas contemporáneas pola Universidade de Santiago. A súa obra viuse ultimamente en Galería Transitoria, Oporto, Galería Santa Fe, Bogotá, Fundación Eugenio Granell, Santiago de Compostela ou no Centro Juan Carlos I de España da Universidade de Nova York.