la ventana
del arte
   
 
Juan Carlos Román
Juan Carlos Román
Sombra Natural
Exposición
Hasta el 15 de agosto
 
  Centro Cultural Marcos Valcárcel
Progreso, 30
32003 Ourense 
web: www.centroculturaldeourense.com/
 

Sombra natural é o título dunha exposición que intenta sintetizar o sentir dunha sociedade atemporal, invertebrada no cultural e candente como estrutura comunitaria. Non é o título para un país nin para unha cultura, nin tan sequera para unha época, senón para unha forma de estar e entender a actitude e o lugar no seu núcleo. Sombra natural pretende facer un retrato do imaxinario español. Crear unha pintura sen contemplar ao modelo, sen observar o que acontece no país, sen responder de forma naturalista ao modelo autoimposto, senón tentando comprender os dispersos matices que o representan no esencial.

Sombra natural fai referencia á cosmogonía da Europa mediterránea, a Europa solar e a España en particular. A sombra natural, esa cor terra con aromas de azul ultramar, converteuse na cor dos interiores da maioría de pintores, desde Velázquez e Goya, ata Julio Romro de Torres ou Antonio Saura. É a cor da España á sombra, deste país que non abraza a ilustración e mira con receo a revolución industrial; unha cor pouca eléctrica e nada moderna por ser a cara oculta desa cazola de barro afumada e iluminada cun candil que disimula a pobreza. Unha cor xenuinamente española, barato e fácil de manexar, e mesturar; unha cor que lle serviu a Picasso para realizar os mellores cadros, a súa etapa cubista, moi ao contrario pasaría con ese cadro tardo-cubista de tamaño exabrupto e afrancesado, por manexar o negro e ensucialo, que é o Guernica. “Sombra natural” é a nosa natural forma de estar ante a vida, sen artificios, sen demasiadas proclamas ou manifestos, sen crernos as cousas demasiado, serios cando hai que selo, pero o xusto, porque se non festexas todo aquilo que te rodea, un día calquera, os que te rodean, festexarán que te fuches.

A exposición que se presenta no Centro Marcos Valcárcel é unha selección dos últimos quince anos na produción do artista Juan Carlos Román, Bilbao 1961; un artista difícil de clasificar, xa que ao comezo da súa traxectoria era considerado, pola súa práctica conceptual e escultórica, como un dos expoñentes do apropiacionismo crítico de finais dos anos oitenta e principios dos noventa. O seu traballo foi evolucionando ata postularse en representacións pictóricas non exentas de intencionalidade. Obras como: “A pirámide cultural foi construída, outra vez, para non tocar o chan”, 2004, onde se fusiona o performance de Pepe Espaliu, “Carrying”, 1992, cun gravado de Goya da serie: “Os caprichos” onde se mostra como a clase humilde carrexa e leva ao lombo á obesidade mórbida do estado, é dicir, aos burros. Esta agrupación entre dúas obras daría como resultado unha crítica á xestión do modelo desenvolvido na España das autonomías onde a cultura da subvención creou un exército de burros difícil que conter ou reeducar. Na mostra amósanse pinturas, debuxos, e collages que definen o carácter discursivo do artista, onde mantén ese carácter crítico, irónico e ás veces incisivo nas súas imaxes e pensamentos.

 

Lugar: Sala 2

Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h., sábados, domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h.

Precio: De balde

 
 
 
 
Museo Lázaro Galdiano