Son os nomes maiores do noso cine, retratados por Xulio Gil. Actrices e actores presentes a xeito dun gran mural que, como merecida homenaxe, se configura a partir de retratos individuais de trinta e tres homes e mulleres que, desde a lealdade crítica e analítica, se deben sen dúbida considerar como cardinais para historia contemporánea da nosa cinematografía.
Un festival como o OUFF, con ánimo fundacional de atender sempre á historia, desenvolvemento e presente do cine galego, cúmprelle o papel historiográfico de fixar no tempo os méritos e esforzos que acumula e amorea esta xeración pioneira, tan atrevida e excepcional.
Horario: Luns a venres de 11.00 a 14.00 h. e de 17.00 a 21.00 h. Sábados, domingos e festivos de 11.00 a 14.00 h.
Precio: De balde
Comisariado: Enrique Acuña