la ventana
del arte
   
 
Marisa González
Marisa González
Rexistros domesticados
Exposición
Hasta el 19 de junio
 
  CGAC Centro Galego de Arte Contemporánea
Valle Inclán, s/n
15704 Santiago de Compostela (A Coruña)
web: cgac.xunta.es/ES/contido/cgac
 

Comisario/a: Rocío de la Villa

Rexistros domesticados é un proxecto que pretende mostrar a unidade de fondo nas motivacións temáticas, técnicas e formais, ao longo de corenta e cinto anos de traxectoria da artista. Organizada pola Subdirección Xeral de Promoción de Belas Artes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, a exposición foi presentada no espazo Tabacalera Promoción del Arte en Madrid a comezos de 2015.

A mostra presenta o desenvolvemento coherente das motivacións de Marisa González e a súa procura de solucións para responder a problemas das sociedades actuais en diálogo coa reflexión permanente sobre o que é a arte e sobre o papel que pode desempeñar no mundo contemporáneo.

A mostra reúne unha serie de traballos colaborativos, inéditos até agora en España e realizados durante a etapa formativa de Marisa González en Estados Unidos, canda outros que abordan o recordo autobiográfico como un xeito de reivindicar a memoria colectiva dos procesos laborais e de produción fabril, ou a cuestión das desigualdades políticas, económicas, produtivas e laborais que se testemuñan nos rexistros da vida cotiá no emerxente sureste asiático.

Na revisión realizada nas salas do CGAC será capital o bloque denominado Sistemas generativos (1971-1973) e outros traballos asociados xa dentro da década dos noventa. Nesta parte do proxecto exhíbense obras de diversos soportes en estreita vinculación coa copy-art, a fotografía, as estratexias conceptuais ou o feminismo. Outro bloque destacado, Arqueología industrial, abrangue traballos como Fábrica (2000) e Nuclear Lemoniz (2003-2006) que inclúen instalacións objetuales e vídeos. A exposición contará, ademais, coa instalación Estación Fax (1993) e un dos seus últimos traballos videográficos Ellas filipinas (2010-2014), sobre as emigrantes filipinas en Hong-Kong.

Horario: aberto de 11 a 20 h
Entrada gratuíta
Luns pechado

 
 
 
 
Museo Lázaro Galdiano