la ventana
del arte
   
 
Fisuras na vitrina
Fisuras na vitrina
Abrindo a Sala do Tesouro
Exposición
Hasta el 30 de abril
 
  Museo Provincial de Lugo
Plaza da Soedade, s/n
27001 Lugo 
web: www.museolugo.org
 

Fisuras na vitrina. Abrindo a Sala do Tesouro

Segundo as comisarias, Monse Cea e María Xosé Bóveda, esta exposición que compila arte contemporánea e arqueoloxía. O proxecto orbita arredor da colección de ourivería Gil Varela, declarada BIC (Ben de Interese Cultural) recentemente, e da que forman parte algunhas das pezas de ouro mais senlleiras da prehistoria galega.

Arroupando, explicando e interactuando preséntase a obra de 14 artistas: Xoán An­leo, Mónica Alonso, Nilo Arias, Fernando Baena, Mónica Cabo, Ana DMatos, Amaya González Reyes, Xurxo Oro Claro, Laura Piñeiro, Santi Jiménez, Rubén Santiago, Mauro Trastoy, Jorge Varela e Manuel Vidal, que reflexionan sobre concep­tos aparentemente atemporais como o poder, a riqueza, asuntos estéticos ou roles de xénero.

O fío condutor que debulla o discurso expositivo será a ourivería, usada como textura crítica, que aplicada sobre calquera mate­rial, permite imprimir sobre este a idea de autoridade. A textu­ra dourada o prateada, amosase como capa máxica de poder omnímodo que se asocia inconscientemente coa idea de poder económico, relixioso, intelectual, ou patriarcal.

As pezas da colección Gil Varela están construídas coas mais variadas técnicas de ourivería; dende o batido á cera perdida, pasando polo granulado ou o estampillado. Do mesmo xeito, as e os artistas que participan nesta mostra traballan dende diferentes pro­cedementos técnicos e ideas estéticas: debuxo dixital, debuxo expandido, instalación escultórica, vídeo creación, ob­ject trouvée, site specific, arte feminista, body art... Dende aquí, crean obras que teñen en común unha postura militante e crítica cara as sociedades marco nas que se producen as súas obras, ademais dunha poética próxima á lóxica arqueolóxica. Isto é: usan a poética do obxecto achado, acumulado, atesourado e a explí­cita reelaboración de materiais comúns, vulgares, que xa non posúen valor de uso como ruínas, restos, quincalla, lixo,… eses obxectos que conformaran as pezas arqueolóxicas do futuro.

A exposición “Abrindo a sala do tesouro” é a segunda entrega do ciclo Fisuras na vitrina: o achado como idea, ciclo de exposicións temporais e actividades complementarias arredor da arqueo­loxía e a arte contemporánea.

Non adoitamos atopar exposicións que reúnan arqueoloxía e arte. Mais na historia da arte coetánea ao desenvolvemento da arqueoloxía, a actividade arqueolóxica foi impregnando formal­mente moitas obras de arte, dende o romanticismo até as van­gardas históricas. Aínda quen non é ata o nacemento da arte conceptual, cando a metodoloxía arqueolóxica e o seu modo no taxonómico de entender a historia, foron felizmente poetizados, creando escola ata a actualidade.

Usando esta tradición como referente ineludible, e unidas tamén pola teoría feminista, que ambas aplicamos á hora de percibir e traballar nas nosas respectivas disciplinas, Monse Cea, comi­saria de exposicións e María José Bóveda, arqueóloga, creamos este proxecto.

Abrindo a sala do Tesouro completarase con obradoiros e foros de debate, co obxectivo da creación dun escenario de discusión e deliberación no que tomen forma as sinerxías e fricciones en­tre materiais arqueolóxicos –algúns considerados como pezas artísticas– e a arte producida na actualidade.

Tentaremos que as persoas visitantes podan percibir o pasado dende as creacións do presente, en definitiva, dende a mirada proactiva da arte contemporánea.

 
 
 
 
Museo Lázaro Galdiano