Esta mostra, formada por once lonas de 1.20 x 80 cm, máis o póster/lona de presentación (1,30x 1,0 cm), é o resultado proceso divulgativo que ten como obxectivo dar a coñecer o programa de investigación dos fondos numismáticos do Museo Provincial de Lugo, que superan as 8.000 pezas, sen contar as 459 medallas. Dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, con estas exposicións temporais a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías, preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.
Dada a amplitude cuantitativa e cualitativa da colección numismática do MPL, nesta mostra faise primeiro unha contextualización da ciencia numismática e do seu significado, para logo entrar no estudo e revisión diacrónico da moeda hispánica en dúas partes: primeiro a moeda hispánica dende o século III a. C. ata a o s. XV, onde veremos información e imaxes das pezas indíxenas, romanas e medievais ata os Reis Católicos, incluíndo as hispanomusulmáns, e outras moedas senlleiras da época; para, despois, ver as modernas e contemporáneas, que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.
Luns a venres: 9:00 a 21:00 h.
Sábados: 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 h.
Domingos e festivos: 11 a 14 h.
Entrada gratuíta