Leonardo enfróntase ao lenzo cunha enorme seguridade, e é así como consegue crear climas que, a pesar da súa aparente sinxeleza, resultan estar cargados dun inefable misterio, sen necesidade de realizar alardes fastuosos nin formas de distraer a atención o que realmente importa.
Os seus temas son comúns, tanxentes, co que poderiamos cualificar de franciscanismo. Así achégase á estética hiperrealistra. Cada obxecto é táctil, todo é preciso na súa aparente humildade. Pero na arte non importa o que se pinta, senón como se pinta. A grande laboura do artista é a de converter a materia nunha fonte de sentimentos, en música, en pura sensibilidade.