Inaugúrase no café cultural Detrás do Marco de Vigo, a exposición “O libro expandido. Experiencias e reflexións en torno ao libro de artista”. A mostra permanecerá no local do 3 ao 30 de xuño.
A mostra recolle unha selección dos proxectos realizados polos alumnos asistentes a un Taller permanente sobre Libros de artista impartido por Lucía Romaní no Centro Kurari (Praza da Vila de Bouzas, 10, 1º, Vigo) durante os dous últimos anos, nos que o libro –como espazo de pensamento e reflexión plástica – convírtese nun punto de partida para a aprendizaxe e a experimentación artística. Dito evento contará cunha acción-instalación aberta ó público asistente, que poderá participar activamente na construción dunha obra colectiva.