Exposición “Fotos analóxicas” de Xexe, na que coñeceremos un pouco máis a autora porque, tal e como ela explica, “son fotos que teñen algo da miña vida e do que sinto, fotos de naturezas mortas e momentos que descubría o andar e feitas coa luz do sol”.
E quen mellor que Xexe pode contarnos o que significa a fotografía na súa vida e o que poderemos ver en Detrás do Marco?:
“Tesouros perdidos no meu Jurujuro (a habitación onde traballo cando o tempo o permite) fotos analóxicas de cando empecei a ser amateur, de cando empecei a camiñar cunha cámara no bolso e xa nunca puiden vivir sen ela. A luz natural namorábame, era feliz observando todo, compraba libros de fotografía, ía ver exposicións, e de xeito autodidacta fun aprendendo.
Acabei metendo na habitación onde durmía unha ampliadora e empecei a ver como espertaban as fotos no papel. Cando cambiei de habitación aquel curruncho converteuse no meu Jurujuro e así chegou un momento no que empecei a sacalas da casa e a facer exposicións. Hoxe as volvín vestir para deixalas ver en Detrás do Marco”