Pegadas na materia. Foto 1
 
Pegadas na materia
Colectiva

A exposición "Pegadas na materia" xurde do acordo recentemente estreado entre a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e o espazo de Arte Contemporáneo Olalab Acción Cultural,  o cal ten coma fin dar a coñecer os traballos dos xoves artistas formados nos  obradoiros da centenaria institución compostelán.  

Unha colaboración que neste caso tradúcese nunha mostra escultórica comisariada polo curador Iñigo Rodríguez e a artista Iris Rodríguez, na que terán cabida as pezas de varios prometedores alumnos da Mestre Mateo.  

"Pegadas na materia" parte da necesidade de mostrar e dar a coñecer a obra destes xoves valores, visibilizando os froitos desa viaxe na que se embarcaron na procura de dar resposta as súas querenzas por expresarse a traveso da Arte. Un periplo que xunto aos seus titores na Escola rematou ao  atopar as súas propias ideas plasmadas nunhas personalísimas formas.

Para estes artistas en formación esta chamada da inspiración forma parte dun ben connatural a eles mesmos. E é nese intre no que a Mestre Mateo asume o seu rol de guía, tanto na vertente conceptual coma técnica, asumindo un proceso de aprendizaxe que os ha levar máis aló da disciplina e dedicación necesaria para o exercicio artístico,  invitándoos a explorar, experimentar, xogar e finalmente xerar.

Un proceso que os levou a penetrar nas posibilidades de materiais e técnicas, e no que adquirir  os coñecementos e experiencia necesarios para recoñecer  acertos e erros tornouse fundamental para conseguir  tirar de eles un froito, que en parte presentamos nesta mostra, os fai artistas.

Os creadores elixidos para a presente mostra foron quen de asentar ese diálogo entre materia e psique, e destaca a súa capacidade de liberarse da tiranía da iconografía clásica, para dotar a súas pezas de significado a traveso da fuga expresiva da materia. Transmitindo ao espectador a súa capacidade de empaparse de proceso, xerando pezas  conscientes da súa organicidade, cheas de expresividade e potencia,  xogando cos materiais e que partindo destes establecen diálogos que fan visible a técnica acadada.  

Entre as pezas que atoparemos nos espazos de Olalab están as de Juan Costa, nas que sacrifica o ideal de beleza buscando o basto e rudo da materia, presentando un traballo cunha enorme carga expresiva, no que explora as posibilidades estéticas do feísmo.

Cun marcado carácter etnográfico na exposición poderemos disfrutar da obra de Roque Piñeiro, artista que xoga ca dualidade matérica entre o arame e a terra, facéndoos confluír e xerando metáfora, a da relación do home  e  natureza ao longo da historia.

E na dualidade é onde tamén se refuxa Eduardo Portela. Nas súas pezas busca capturar o instante, fuxindo dos momentos e formas estereotipadas. Recréase conceptualmente na contradición, na busca de opostos, chamando a atención nas súas  pezas unha intelixente utilización das texturas.

A mostra complétase cunha peza de Iris Rodríguez, na que traballa coa inquedanza psicolóxica que  xera no espectador o feito de  sentirse observado. Rompendo a cuarta parede mediante un finísimo traballo escultórico.

Coa presente exposición o que pretendemos e trasladar os laboriosos procesos de aprendizaxe e experimentación levados a cabo nos obradoiros da Mestre Mateo ao espazo público.  Dando lugar a Sinerxías entre uns artistas que están en pleno comezo do seu quefacer artístico e un público acostumado a tratar ca arte contemporánea de corrido. Sinerxías que sen dúbida tamén formarán parte da súa evolución, e que lles proporcionarán un pulo máis na procura de seguir deixando  máis pegadas na materia.

 

Coordina: Adriana Pazos Ottón


Pegadas na materia. Foto 2
 
 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Ars ex natura
Ars ex natura
Colectiva
Clausurada el 26 de noviembre de 2018

"Ars ex natura" cuenta con las obras de tres jóvenes artistas gallegos, tres formas diferentes de hacer y de mirar a través del arte la relación entre el hombre y la naturaleza. Ellos son Basilisa Fiestras, Pilar Boullosa y Samuel Castro  [ver+]
  
Pegadas na materia
Pegadas na materia
Colectiva
Clausurada el 13 de julio de 2018

A exposición "Pegadas na materia" xurde do acordo recentemente estreado entre a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo e o espazo de Arte Contemporáneo Olalab Acción Cultural  [ver+]
  
Rafaela Gómez-Casero
Rafaela Gómez-Casero
Ella en el Umbral y el sueño de Iroha
Clausurada el 27 de abril de 2018

Serie fotográfica en la que Gómez-Casero nos invita a un viaje en el que la propia artista se metamorfosea, acompañándonos y guiándonos por un particular universo onírico que esconde un proceso transformador en lo personal y lo artístico  [ver+]
  
Katrina Biurrun
Katrina Biurrun
Me acuerdo del olor a liebre muerta (en un piso pequeño)
Clausurada el 5 de abril de 2018

La artista barcelonesa Katrina Biurrun inaugura nueva obra en una exposición individual en la que El juego aparece como productor de conocimiento, herramienta y potencial traductor de las relaciones con el mundo  [ver+]
  
Amaya Gonzáles Reyes
Amaya Gonzáles Reyes
Dos series demasiado bonitas y un poco cursis para hacer una exposición muy personal
Clausurada el 10 de enero de 2018

La artista viguesa Amaya González Reyes vuelve a Santiago de Compostela con una xposición individual en la que nos desvela su lado más íntimo y personal  [ver+]
  
La divina forma humana
La divina forma humana
Colectiva
Clausurada el 30 de julio de 2017

Exposición integrada por artistas nóveles, la mayoría de la Facultad de Bellas Artes de Pontevedra, dando también la posibilidad a Carlos Garcia Beade, comisario novel a desarrollar su proyecto "La divina forma humana"  [ver+]
  
Anna Katarina Martin
Anna Katarina Martin
Como las lentejas
Clausurada el 9 de junio de 2017

"Como Las lentejas", una propuesta que no admite variantes, una expresión que define claramente una situación en la que uno no tiene más que aceptar lo que se le ofrece o quedarse sin nada o con lo mínimo y hay que aguantar que vienen mal dadas  [ver+]
  
Conceptografías
Conceptografías
Un diálogo entre los artistas Gosia Trabacz y Pablo Orza
Clausurada el 31 de marzo de 2017

Exposición "Conceptografías". Un diálogo entre los artistas gallegos Gosia Trabacz y Pablo Orza comisariados por Adriana Pazos Ottón  [ver+]
  
Materia Prima
Materia Prima
Reducto da cultura urbana
Clausurada el 10 de febrero de 2017

Exposición "Materia Prima. Reducto da cultura urbana". Reúne una muestra colectiva de artistas ligados a la cultura urbana  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » A Coruña » Santiago de Compostela » Espacio de Arte Contemporáneo OLALAB Acción Cultural » Pegadas na materia » exposición Nº 37640