De Picasso a Kapoor. Foto 1
 
De Picasso a Kapoor
Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos
Clausurada el 20 de Junio
Pazo de Tor
web: www.museolugo.org

Artistas con obra en exposición: Pablo Ruíz Picasso, Joan Miró, Marc Chagall, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Luis Feito, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Antonio Saura, Manolo Valdés, Miguel Berrocal, José Guerrero, Eduardo Arrollo, Richard Serra, Joseph Beuys, Jannis kounellis, Arnulf Rainer, Pierre Alechinsky, Karel Appel, Victor Vasarely, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, Sol Lewitt, Andy Warholl, Miquel Barceló, José María Sicilia, Luis Gordillo, Jaume Plensa, Damien Hirst, Spencer, Tunick, Takshi Murakami, Paul MacCarthy, Yoshitomo Nara e Anish Kapoor.

Organiza: Deputación de Lugo
Comisariado: Antonella Montinaro. GACMA
Coordinación Red Museística: Encarna Lago, Xerencia Rede Museística Provincial

En todos os museos da Rede

Algunhas das obras en exposición están repartidas polos outros tres museos da Rede Museística e para coñecer a mostra no seu conxunto proxectarase un vídeo en todos os museos.

Museo Fortaleza San Paio de Narla (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Rafael Canogar, Antonio Saura, Miquel Barceló, Jaume Plensa e José Mª Sicilia.

Museo Pazo deTor (do 24 de abril ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.

Museo Provincial do Mar (do 22 de maio ao 20 de xuño de 2018).

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia.

***

A obra gráfica contemporánea: evolución e experimentación

A obra gráfica contemporánea parece posicionarse hoxe nun terreo separado da súa concepción tradicional cambiando de percepción e prioridades e destacando posibilidades pouco desenvoltas ata o momento.

As súas características máis marcadas, como o democrático, múltiple, económico ou popular son transformadas e reorganizadas polo artista formando parte dun discurso conceptual na obra onde as potencialidades son asumidas como instrumentos creativos ao servizo da arte.

A importancia da tecnoloxía na produción, de forma involuntaria, engádelle valor á manufactura da obra envolvéndoa dunha aura particular e tan diversa como as diferentes técnicas e usos e, ademais, incorpóranse como ferramentas ocultas no proceso gráfico creativo.

Nos últimos tempos, moitos artistas utilizaron a obra gráfica sen prexuízos como base de moitos dos seus traballos. As súas propiedades plásticas, a súa incitación á investigación, a súa capacidade de sorprender, o seu abanico de posibilidades e soportes ou as súas fronteiras abertas fan da gráfica moderna unha disciplina en auxe para a creación contemporánea.

Esta exposición revela a evolución dunha serie de prácticas artísticas que teñen en común o uso intensivo de representacións susceptibles de ser reproducidas por medios mecánicos e/ou dixitais (gravado, litografía, xilografía, linóleo, impresión dixital, fotografía…) xunto cunha reflexión sobre a relación entre o artista e os seus procedementos. Quérese reflexionar sobre a relación actual entre produción artística e tecnoloxía.

Deste modo, a exposición posicionábase na intersección de dous sistemas: a articulación entre unha colección de arte moderna e contemporánea e a historia da arte, usando o vínculo entre arte contemporánea e reproducibilidade técnica.

O percorrido expositivo foi formulado en distintos bloques temáticos  para a súa correcta compresión: miradas cruzadas da modernidade e as orixes da arte contemporánea en España;  a gráfica española das segundas vangardas,  entre realismo e abstracción; o intercambio cultural internacional na época franquista; a escultura contemporánea e a obra múltiple seriada; a evolución da arte abstracta en Europa; o Pop Art e a serigrafía; unha visión poética da arte española nos anos oitenta e noventa; as prácticas artísticas e os novos modos de produción no século XXI.

As orixes da arte contemporáneo en España. Miradas cruzadas da modernidade: Picasso, Miró e Dalí

O principio do século XX en España resultou ser moi prolífico en canto á aparición de grandes artistas.

A lectura da vangarda española que propoñemos nesta selección de obra gráfica desprégase, cronoloxicamente, poñendo de relevo as traxectorias destes tres artistas: Picasso, Miró e Dalí como partícipes en distintas manifestacións vangardistas.

Picasso apareceu na escena artística na primeira década do século XX, Miró na década de 1910 e Dalí a comezos dos anos ‘20.

Os tres foron grandes buscadores de linguaxes novas e os seus encontros e influencias cruzadas, a miúdo invisibles ou inconscientes.

Estes artistas evidencian un desexo de renovación das linguaxes plásticas e cuxo paradigma é encontrado polos artistas nas correntes europeas.

Tomando como referente as distintas correntes do momento -Cubismo, Futurismo, Fauvismo ou Surrealismo-, participan na dimensión internacional da arte de vangarda do século XX.

Picasso realizou a súa primeira litografía en 1919, como unha invitación á exposición que presentou na galería Rosenberg de París, desde entón, e ata 1930, utilizou a técnica litográfica para ilustrar algúns libros, catálogos e invitacións, pero non foi ata 1945 cando se interesou realmente por este sistema de estampación.

Comezou a elaborar estampas sobre pedra a partir de novembro de 1945 no taller de Fernand Mourlot, en París, onde o artista se implicou en todas as fases de produción, desde o debuxo sobre a pedra ata o control das primeiras tiradas.

O taller Mourlot, aberto en 1852, foi un lugar que elixiron para estampar os grandes artistas da época, entre eles Matisse, Miró, Chagall, Braque, Leger, Magritte e, incluso, Dalí.

Os cambios da linguaxe plástica non chegaron a influír de maneira definitiva na renovación das técnicas de reprodución gráfica artesanais empregadas ata o momento: o gravado e a litografía. Non obstante crearon as bases para a adaptación tecnolóxica nos anos futuros.

A gráfica española das segundas vangardas. Entre realismo e abstracción

Tras a II Guerra Mundial xorden as  segundas vangardas, empeza a desenvolverse a sociedade de consumo e o capitalismo, o coleccionismo dispárase e a arte convértese nun obxecto de especulación.

O trazo común en todos os movementos que xorden é o desexo de innovación constante e a meta dos artistas é a experiencia novidosa, é a busca do novo, recorrendo a novos materiais, industriais ou de refugallo.

En España, a finais dos anos ’40, xorden as primeiras agrupacións contra a arte academicista oficializada polo Estado.  A pesar de esta efémera existencia, iniciativas tales como as do grupo barcelonés Dau al Set, creado en 1948 polo poeta Joan Brossa, o filósofo Arnau Puig e os pintores Joan Ponç ou Antoni Tàpies, entre outros, están consideradas como uns dos primeiros referentes da vangarda artística interior posterior á posguerra española.  Con sólidas estratexias de actuación, a través de exposicións itinerantes, publicacións ou intercambios culturais, conseguiron introducir a sociedade, os galeristas, coleccionistas e editores no gusto pola estética surrealista e a arte abstracta en xeral.

En paralelo, ata mediados da década dos sesenta, aparece unha etapa que vén condensar o nacemento dunha gran cantidade de agrupacións artísticas divididas, á súa vez, en dous movementos moi diferentes: o abstracto e o realista.

Dúas visións, estéticas e ideoloxías moi diferentes, pero que confluían cara ao mesmo obxectivo de levar a cabo unha loita contra a desinformación e o illamento do país durante a época franquista. 

Artista emblemático desta época foi  Antoni Tàpies. Tras o seu paso por Dau al Set, influenciado pola filosofía existencialista e pola pegada deixada polo conflito bélico nunha concepción pesimista do home, dentro do informalismo, Tàpies situouse dentro da denominada “pintura matérica”. Os seus traballos caracterizábanse pola mistificación técnica e  o emprego de materiais heteroxéneos, moitas veces de refugallo ou de reciclaxe, mesturados cos materiais tradicionais da arte, na busca constante dunha nova linguaxe de expresión artística, algo que é moi evidente, tamén, na súa obra gráfica.

A escultura contemporánea e a obra múltiple seriada

A escultura contemporánea é unha das manifestacións artísticas que máis evolucionou ao longo do século XX. 

Este proceso evolutivo tivo como precedentes o ready made de Duchamp e o obxecto encontrado dada e surrealista, que foron revolucionando e liquidando, en parte, o concepto tradicional de escultura.

A chegada de Picasso ao mundo da cerámica foi totalmente casual, non obstante, unha vez que estivo en contacto con ela, converteríase nunha obsesión chegando a traballar nas súas creacións innumerables horas. Empezou con obxectos simples, tales como pratos e cuncos. Posteriormente, procedeu a crear formas máis ambiciosas, como xerras e xerras grandes, con asas zoomorfas ou antropomorfas. Cada cerámica producida por Picasso conta cun selo ou marca que se pode encontrar na parte inferior da obra, no reverso e, incluso, dentro da propia peza e algunhas edicións tamén contan co seu número de tirada.

A temática é moi variada, incluíndo figuras mitolóxicas gregas, formas de animais, como os mouchos e os peces, tauromaquias e caras, entre outras.

O múltiple de escultura foi un vehículo ideal para o pensamento de moitos artistas, un medio de comunicación e de difusión co que podía chegar a un gran número de público. 

Cando falamos de orixinais, trátase de cada unha das esculturas cuxa tirada, do mesmo modelo, oscila entre 2 e 8 exemplares, todas exactamente iguais e numeradas.

A vontade de facerlles accesible a moitos a obra de arte, levou ao escultor Miguel Berrocal a novos modos de facer e formar na escultura. Coa súa obra María de la O establécese a data histórica do nacemento da escultura multiplicada, que foi presentada na Bienal de Venecia de 1964 e, que dous anos máis tarde, gañou o premio de escultura na Bienal de París. Esta obra editada en serie de 200 exemplares foi todo un éxito comercial e supuxo o recoñecemento internacional de Berrocal como creador do múltiple.

A evolución da arte abstracta en Europa e en EEUU

O grupo COBRA formouse en París, en 1948, e foi composto por artistas provenientes dos Países Baixos e Escandinavia, sendo o seus principais representantes: Karel Appel, Asger Jorn e Pierre Corneille, aos cales se lles sumaron: Jean Atlan, Pierre Alechinsky, Constant, Noiret e Dotremont, inventor do nome do grupo (acrónimo das cidades dos seus principais representantes COpenhague, Bruxelas e Ámsterdam) e redactor do seu manifesto.  

Estes artistas marcáronse como obxectivo aproveitar a libre expresión do inconsciente sen a interferencia nin o control do intelecto e estas premisas fonden as súas raíces no  surrealismo, así como na violencia cromática, o dinamismo, o acento no proceso e o interese polo aceno inconsciente, que tamén pon o grupo en relación co  “action painting” americano. 

Ao terminar a guerra a situación en EEUU era moi diferente da europea, as súas cidades non foran devastadas e a vida cultural non se interrompera, ademais, desde os anos ’30 e na primeira metade dos ‘40, fora país de asilo para un bo número de artistas procedentes de países europeos, o que permitiu un coñecemento directo das súas obras e o seu pensamento.

A influencia que o coñecemento directo dos vangardistas europeos tivo sobre os rapaces artistas norteamericanos  foi moi grande, pero aínda maior foi a que exerceron aqueles que se inseriron na sociedade americana como docentes, entre eles un grupo de profesores da Bauhaus: Walter Gropius, Marcel Breuer (Universidade de Harvard), Mies van der Rohe (ITT de Chicago) ou Moholy Nagy, que fundou en Chicago a Nova Bauhaus.

A pintura óptica tiña profundas raíces na tradición del Bauhaus e foi a consecuencia do tipo de experimentos continuos con diversos materiais que o Bauhaus alentaba nos seus alumnos.

Op-art, abreviatura de Optical-Art, foi un movemento pictórico nado nos Estados Unidos, no ano 1958, cuxo nome se empregou, por primeira vez, en 1964 na revista Times.

Esta corrente artística abstracta baseábase na composición pictórica de fenómenos puramente ópticos, sensacións de movemento nunha superficie bidimensional, que enganaban o ollo humano mediante ilusións ópticas e estruturas de repetición cunha orde clara. Fronte a outras tendencias racionais, a “Arte Óptica” baséase en principios científicos rigorosos co fin de producir efectos visuais inéditos.

Máximo expoñente do Op-art foi Victor Vasarely, artista de orixe húngara  que foi estudante da Bauhaus de Budapest e empezou como artista gráfico antes de dedicarse á pintura a metade dos anos ´40, recuperando da influencia do Bauhaus o carácter funcional da plasticidade.

 en Facebook esta exposición comparte en Twitter esta exposición   Como llegar

foto usuario
Iniciar sesión   |   Registrarse
  • Añade esta expo a tus favoritos
  • Envia este enlace a un amigo
Ver mis favoritos
Elige el idioma de la página
Museo San Telmo
Museo Lázaro Galdiano
 

  TODAS LAS EXPOSICIONES DE ESTE ESPACIO  
Ofelia Cardo
Ofelia Cardo
Esquecer ata esvaecer
Clausurada el 10 de julio de 2019

"Esquecer ata esvaecer" é un proxecto artístico que se presenta na Rede Museística de Lugo. Pretende poñer en contacto, a través das obras expostas, os traumas familiares non elaborados e xerados pola Guerra Civil Española  [ver+]
  
Viki Rivadulla
Viki Rivadulla
BRUXA! Libres, rebeldes, insubmisas
Clausurada el 9 de junio de 2019

"Bruxa!" é un proxecto artístico sobre a violencia contra as mulleres e que reivindica a liberdade das mesmas. Fala sobre as mulleres e a represión patriarcal agachada tras a queima de bruxas e que a autora mantén que segue vixente a día de hoxe  [ver+]
  
Sabela Arias Castro
Sabela Arias Castro
Conversas
Clausurada el 30 de abril de 2019

Exposición "Conversas" de Sabela Arias Castro. Mostra integrada no proxecto expositivo "EU... TI... ELAS...NOSOUTRAS... NOSOUTRXS EN REDE 2019", repartida polos catro museos da Rede Museística Provincial  [ver+]
  
Roberto González Fernández
Roberto González Fernández
Control (Historia)
Clausurada el 30 de septiembre de 2018

Con este cento de retratos de Roberto González Fernández, a maioría de homes, o artista transcende o valor estético da obra de arte e proponnos reflexionar sobre a imaxe como comunicación..  [ver+]
  
De Picasso a Kapoor
De Picasso a Kapoor
Obra gráfica e Múltiple Contemporáneos
Clausurada el 20 de junio de 2018

Obra de Pablo Ruiz Picasso, Salvador Dalí, Rafael Canogar, Antoni Tápies, Eduardo Chillida, Miquel Berrocal, Miquel Barceló, Jaume Plensa, José Guerrero e José María Sicilia  [ver+]
  
Luis Davila
Luis Davila
Humor do país
Clausurada el 31 de julio de 2017

Exposición "Humor do país" de Luis Davila (O Bichero) nos museos da Rede Museística  [ver+]
  
nós outrxs en rede
nós outrxs en rede
Colectiva
Clausurada el 30 de abril de 2017

Os catro museos da Rede Museística da Deputación de Lugo presentan unha nova edición de "nós+outrxs en rede", unha mostra na que participan 9 artistas que nos propoñen microproxectos individuais, produto das súas particulares reflexións arredor das  [ver+]
  
Raíces
Raíces
Colectiva
Clausurada el 31 de diciembre de 2016

Esta exposición enmárcase dentro do programa do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller (25 de decembre)  [ver+]
  
Homes e bestas
Homes e bestas
Tradición cabalar en Mondoñedo, fotografías de José Álvez e Sergio López Maseda
Clausurada el 4 de diciembre de 2016

Esta mostra de 39 fotografías recolle impactantes fotografías da rapa das bestas de Campo do Oso, en Mondoñedo nos anos 70 e dende 1998 á actualidade  [ver+]
  
Susu Talento
Susu Talento
Imaxes de outono da Ribeira Sacra
Clausurada el 27 de noviembre de 2016

Exposición de pintura "Imaxes de outono da Ribeira Sacra", de Suso Talento (pseudónimo de Jesús Fernández López, natural do Saviñao)  [ver+]
  
Mercedes Paz Pérez
Mercedes Paz Pérez
Expansión Natura
Clausurada el 31 de mayo de 2016

Exposición de pinturas e esculturas da artista chantadina Mercedes Paz Pérez  [ver+]
  
A Maruxaina e outras sereas
A Maruxaina e outras sereas
Clausurada el 29 de febrero de 2016

Esculturas de Otero Regal e textos de Pablo Mosquera e Paco Rivas.  [ver+]
  
Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido
Coma na casa. Relatos creativos sobre o fogar expandido
Clausurada el 28 de julio de 2015

A realidade histórica e simbólica do Pazo de Tor constitúe o lugar ideal para deseñar e desenvolver unha exposición sobre unha tendencia seminal da arte contemporánea: investigar o pasado para entender mellor o presente.  [ver+]
  
Xulia Minguillón
Xulia Minguillón
Olladas "A miña familia"
Clausurada el 30 de abril de 2015

A mostra que ofrece a visión da propia familia da artista nun momento histórico moi concreto e diferente ao actual comeza a súa itinerancia nos museos da Rede Museística.  [ver+]
  


Inicio » Mapa de museos y exposiciones » Galicia » Lugo » Monforte de Lemos » Pazo de Tor » De Picasso a Kapoor » exposición Nº 36110